Sobre nós

Somos xente sinxela, como caquera de vós. Xente que cre na Suma.… de esforzos, de perfís diferentes, mesmo de opinións distintas dentro duns valores comúns, como fórmula máis acaída para facer forza e ir mudando, paseniñamente, unha realidade que precisa cambios para que esta sociedade, en xeral, e Ribeira, en particular, sexan máis xustas e igualitarias.

Nos últimos comicios, decidistes que un de nós levase a voz de todas á casa do Concello, a casa do Pobo.

Xurxo Ferrón é un, é «residual», como deron en chamarnos. O que eles non saben é que Xurxo somos moitas, somos as que Sumamos para construir, participativamente, o concello que merecemos.

A %d blogueros les gusta esto: