Suma Ribeira volve levar a pleno a implementación de medidas para favorecer a accesibilidade ás praias das persoas con mobilidade reducida

Suma Ribeira defenderá de novo en pleno unha iniciativa a prol da acessibilidade e dos dereitos das persoas con problemas de mobilidade, co obxecto, nesta ocasión, de que se corrixan as eivas nesta materia nos areais do concello. Suma Ribeira rexistrou esta iniciativa logo de escoitar as demandas de moitas persoas que verán tras veránSigue leyendo «Suma Ribeira volve levar a pleno a implementación de medidas para favorecer a accesibilidade ás praias das persoas con mobilidade reducida»

Suma Ribeira leva de novo a pleno a necesaria mellora na acessibilidade á información municipal

Suma Ribeira volverá reclamar no pleno de mañá xoves medidas que garantan a accesibilidade á información municipal, tanto aos concelleiros e concelleiras, para que poidan cumprir do xeito máis rigoroso e acaído coas funcións para as que foron elixidos pola cidadanía, como tamén ás veciñas de Ribeira, cando precisen acceder a expedientes e e informaciónSigue leyendo «Suma Ribeira leva de novo a pleno a necesaria mellora na acessibilidade á información municipal»

Suma Ribeira condiciona o seu voto a favor do POS ao cumprimento das achegas aportadas sobre mobilidade

Suma Ribeira condiciona o seu voto a favor do Plan de Obras e Servicios da Deputación (POS) a que cumpra o compromiso adquirido con esta organización de reservar unha partida aproximada duns 100.000 euros para acometer unha serie de obras prioritarias que melloren a accesibilidade e mobilidade en distintos puntos do concello. Suma Ribeira mantivoSigue leyendo «Suma Ribeira condiciona o seu voto a favor do POS ao cumprimento das achegas aportadas sobre mobilidade»

Suma Ribeira urxe a creación dun servizo municipal de Vixilancia e Control urbanístico

A iniciativa pretende poñer coto á “desharmonía urbanística” que padece o concello e rematar coa “permisividade encuberta” ante actuacións de dubidosa legalidade Ribeira, 26 de xaneiro de 2022.- Suma Ribeira proporá no próximo pleno que se constitúa un servizo municipal propio, “non externalizado”, de Vixilancia e Control do Cumprimento da Normativa Urbanística, que poña cotoSigue leyendo «Suma Ribeira urxe a creación dun servizo municipal de Vixilancia e Control urbanístico»

Manuel Ruiz recoñece que Suma Ribeira levaba razón e admite que o custe do equipamento do novo Auditorio tamén vai ser maior do orzamentado

Suma Ribeira cualifica de “rocambolesca” a situación xerada co proxecto do novo Auditorio e o gasto desproporcionado que vai supor ás arcas municipais respecto do suposto orzamento inicial de dous millóns e medio de euros que, polo de agora, xa ascende a máis de catro millóns e ao que hai que sumar un novo capítuloSigue leyendo «Manuel Ruiz recoñece que Suma Ribeira levaba razón e admite que o custe do equipamento do novo Auditorio tamén vai ser maior do orzamentado»

Mesa de violencia contra as mulleres… sen mulleres!

Unha Mesa contra a Violencia Machista exercida contra as mulleres… sen mulleres. Esta foi a surrealista proposta coa que o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, deu comezo á orde do día do pasado pleno. Un pleno que se celebraba poucos días despois da xornada reivindicativa do 25N, demostrando, deste xeito, a falla de sensibilidade realSigue leyendo «Mesa de violencia contra as mulleres… sen mulleres!»

Suma Ribeira levará a pleno a adopción de medidas que garantan o uso consensuado por todos os grupos do grafismo e topónimo do concello

Suma Ribeira levará a pleno unha iniciativa parar reclamar que se adopten as medidas necesarias para acadar o maior consenso no uso e difusión dos símbolos gráficos oficiais do concello, nomeadamente do seu topónimo: Ribeira. A proposta a debate inclúe que, no prazo máximo de tres meses, sexa presentada ao pleno unha moción na queSigue leyendo «Suma Ribeira levará a pleno a adopción de medidas que garantan o uso consensuado por todos os grupos do grafismo e topónimo do concello»

Suma Ribeira critica o paso dunha das etapas do Rally Ribeira- Ría de Arousa pola zona perimetral do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Suma Ribeira amosa a súa preocupación polos danos que pode xerar o paso dunha das etapas do Rally Ribeira-Ría de Arousa pola zona perimetral do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, unha zona protexida polo seu valor paisaxísito e ecolóxico que se verá afectada pola contaminación acústica, gases contaminantes e aSigue leyendo «Suma Ribeira critica o paso dunha das etapas do Rally Ribeira- Ría de Arousa pola zona perimetral do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán«

Suma Ribeira declina participar institucionalmente na homenaxe ás vítimas da Covid organizado sen vocación de consenso entre a alcaldía e a Asociación de Amas de Casa

Suma Ribeira quere facer público o seu máximo respecto e recoñecemento a todas as vítimas da COVID, tanto ás que perderon a vida como ás que están a padecer secuelas da enfermidade, así como aos profesionais que estiveron e están nun alto nivel de exposición ao contaxio (persoal sanitario, empregados de supermercados, persoal docente…) traballando,Sigue leyendo «Suma Ribeira declina participar institucionalmente na homenaxe ás vítimas da Covid organizado sen vocación de consenso entre a alcaldía e a Asociación de Amas de Casa»

Suma Ribeira levará ao próximo pleno a constitución dunha Mesa Municipal do Transporte Público

Suma Ribeira, ante a situación que está a padecer o concello -xunto a tantos outros do país- dun insuficiente e ineficiente transporte público, defenderá no próximo pleno: 1- Que se constitúa unha Mesa Municipal do Transporte Público, aberta á participación de todos os partidos políticos e forzas sociais. 2- Que se lle dote dos mediosSigue leyendo «Suma Ribeira levará ao próximo pleno a constitución dunha Mesa Municipal do Transporte Público»