- As dúas formacións decidimos facer público un comunicado conxunto explicando os motivos polos que nos ausentaremos do inicio simbólico das festas, que é a leitura do seu pregón, pois estamos absolutamente en contra da persoa elixida.
- As dúas formacións políticas lembran que sobre esta persoa hai sentenzas firmas na súa contra por ter feito acusacións falsas contra o xornalista Máximo Pradera, como telo acusado de maltratador, e por agresións físicas e verbais.
- Os dous grupos da corporación de concello de Ribeira consideran que alén de cuestións ideolóxicas, o pregoeiro/a debe ter demostrado ser unha persoa respectuosa cos valores e dereitos democráticos.
As organizacións políticas abaixo asinantes queremos manifestar o noso desacordo e rexeitamento coa persoa elixida como pregoeiro das festas de Ribeira.
Consideramos que a pregoeira das Festas debe ser unha persoa que, máis aló de consideracións ideolóxicas, sexa respectuosa e defensora de dereitos e valores democráticos.

Este pregoeiro realizou declaracións públicas nas que acusou ao periodista Máximo Pradera de maltratador, por telo agredido verbal e fisicamente. Estas manifestacións, segundo sentenza da Audiencia de Madrid confirmada o polo Tribunais Supremo e ratificada o pasado mes de febreiro polo Tribunal Constitucional, foron feitas “con conocimiento de que lo transmitido era falso, o con manifiesto desprecio hacia la falsedad de la noticia”, dicindo ademais a sentenza que “ha comunicado una serie de circunstancias, fácticas y no fácticas, con conocimiento de que lo transmitido era falso o con manifiesto desprecio hacia la falsedad de la noticia, sustituyendo una verdad objetiva, empíricamente constatable, por una verdad subjetiva”… “por lo que hace a la emisión de juicios de valor, al comunicador se le exige también la obligación de respetar la buena fe”.
Á vista dos feitos reflectidos, democraticamente incontestables, queremos facer público que lamentablemente, de confirmarse a participación desta persoa como pregoeiro, non imos participar no acto inaugural das Festas de todas as ribeirensas e ribeirenses.
Asinado:
Grupo do PSdeG-PSOE
Grupo de Suma Ribeira
En Ribeira, a 2 de agosto de 2022