Suma Ribeira leva ao pleno obras de mellora na senda peonil  do río Sanchanás

Ribeira, 22 abril de 2022.- Suma Ribeira levará ao pleno deste luns unha iniciativa co obxecto de reparar á maior brevidade os deterioros da senda peonil do río Sanchanás e elaborar un proxecto técnico para que a dita senda acade os mais altos estándares de acessibilidade en todo o seu percorrido.

Suma Ribeira, a través do seu voceiro, Xurxo Ferrón, defenderá tamén que se dote á senda de carteis nos que se inclúan enlaces e códigos QR que faciliten información ampla e diversa sobre a ruta, e que inclúa, asemade, información pormenorizada sobre as características da súa accesibilidade.

Esta moción responde, segundo explica a organización, ás queixas que lles fixeron chegar varios veciños e veciñas sobre o estado da paseo, un dos máis importantes do concello, moi transitado sobre todo en época de bo tempo e cuxo proxecto for incluído, de feito, no denominado Ribeira Atlántica.

Para Suma Ribeira, o acondicionamento desta senda -como de calquera outra ruta que poña en valor a riqueza natural da contorna- foi unha boa noticia, de aí a importancia de que se extreme o coidado da súa conservación, cada vez máis deficiente e con zonas totalmente inaccesibles, segundo as queixas recibidas, “xustificadas e razoables”.

O tramo que se atopa en peor situación, segundo Suma, é o que vai dende a Ponte de Oleiros ata o lavadoiro, con grandes fochas, madeiras dos bordes rotas, lixo tirado por falta de papeleiras e carteis deteriorados. Ademais, “é un tramo no que é imposible o paso a persoas con cadeiras de rodas ou con diversidades funcionais que lles ocasionen dificultades locomotrices”.

O seguinte tramo en sentido ascendente, tamén precisaría de adaptación que o equipare no posible aos tramos anteriores e permita o paseo en paralelo de dúas persoas. E en canto ao tramo que transcorre entra a ponte de Artes ata o Muiño da Correa, malia que é o que está mellor conservado, precisaría dunha limpa da maleza e da mellora na cartelería informativa. 

Ante o exposto, Suma Ribeira defenderá a adopción das medidas descritas, agardando que conte co respaldo de todos os grupos, pois todo o que ten a ver coa posta en valor e mellora das paisaxes ricas e fermosas do concello é un ben para todas, veciñas e tamén visitantes de fóra, favorecendo un turismo de calidade.

Información e orde do día

Máis unha vez, Suma Ribeira lamenta que se chega ao pleno cunha densa orde do día da que, sen embargo, apenas se facilita información por parte do grupo de goberno para poder avaliar os asuntos a debate e definir unha postura sobre os mesmos coa debida adicación e responsabilidade.

Concretamente, os asuntos, relevantes para Suma, sobre os que non se remitió documentación, teñen a ver cos pontos 3, 5 e 7 da orde do día, sobre a liquidación do orzamento do concejo, o informe resumo dos resultados do control interno e o plan anual de control financeiro para o exercício 2022

Logo de conversa por parte do voceiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, co interventor, esta formación recibiu algunha da información requerida, mais obviamente non chega xa en tempo e forma, polo que dende esta formación agardan que este práctica teimuda por parte do goberno, de falla de transparencia, vaia mudando e non faga falla reclamar a documentación precisa, senón que esta se remita aos grupos de oficio e con tempo suficiente para a súa análise, toda vez que non todos os membros da corporación teñen adicación exclusiva.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: