Suma Ribeira volve levar a pleno a implementación de medidas para favorecer a accesibilidade ás praias das persoas con mobilidade reducida

Suma Ribeira defenderá de novo en pleno unha iniciativa a prol da acessibilidade e dos dereitos das persoas con problemas de mobilidade, co obxecto, nesta ocasión, de que se corrixan as eivas nesta materia nos areais do concello.

Suma Ribeira rexistrou esta iniciativa logo de escoitar as demandas de moitas persoas que verán tras verán ven que non están en condicións de igualdade co resto dos veciños e veciñas para disfrutar das praias da zona.

Asemade, Suma Ribeira pretende con esta proposta volver poñer enriba da mesa a necesidade de que se implemente de forma urxente un Plan de Accesibilidade Universal no municipio e fai súas as críticas que lles fixeron chegar moitas persoas con problemas de mobilidade, fartas de ver cantas iniciativas aprobadas nesta liña finalmente quedan en papel mollado.

Neste sentido, lembra, por exemplo, a proposta debatida en Maio de 2021, que xa incluía entre os seus acordos unha serie de actuacións nos areais e a conversión de Ribeira en Destino Turístico de Integración. 

“Unha proposta que lamentablemente foi substituida a través dunha emenda do PP que botaba man de discursos xenéricos e fuxía de compromisos concretos, emprazando á Corporación Municipal a acelerar a posta en marcha e actualización, se fose o caso, do Plan de Accesibilidade Universal 2016-2026. Longo e cru o temos se hai que agardar ata 2026 para facer balance do cumprimento do dito acordo”.

Ante esta realidade, que resulta “frustrante, desesperante e inadmisible” para Suma Ribeira e para o colectivo afectado, a iniciativa a debate o próximo luns propón:

  1. 1.Facer un estudo que teña en conta as posibilidades e distribución xeográfica das praias de Ribeira, para establecer prioridades cronolóxicas na dotación dunha accesibilidade total e real.
  2. 2.Que se dean os pasos necesarios para que este ano goce de accesibilidade integral, cando menos, unha praia do entorno
  3. 3.Compromiso de incorporar anualmente orzamento suficiente para ir sumando praias accesibles con autonomía total, priorizando a consecución de ayudas de outras administracións. 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: