Suma Ribeira vén de rexistrar un escrito no que reclama ao concello que se realicen as actuación precisas para devolver o entorno da Fonte de Agriña ao seu estado natural, así como para que o goberno municipal manteña unha xuntanza cos veciños e veciñas da zona para atender as súas queixas e as súas suxestións respecto da situación urbanística e melloras que precisa esa zona.
Suma Ribeira faise eco, deste xeito, das reivindicacións que lle fixeron chegar os afectados da rúa Cabasas e arredores, por unhas obras supostamente feitas polo concello no entorno natural da Congostra da Agriña, nomeadamente na fonte que se atopa nese lugar, que ten a particularidade de que a súa auga bota directamente dunha rocha.
“Dende SumaRibeira -explica o seu voceiro Xurxo Ferrón– consideramos, ao igual que a veciñanza, que a obra que se está facendo non é a máis idónea para resaltar o carácter de atractivo natural que ten a zona. Chama a atención o contraste do cemento coa paisaxe. Máis ben parece un «eccehomo» tal aberración”, de aí que reclamen unha actuación urxente por parte dos responsables municipais.
Dosier de prensa