Suma Ribeira, diante das novas aparecidas na prensa referidas á denuncia pública que o PP fai contra o Sr. Concelleiro Mariño de Bricio e que teñen a súa orixe na expedición duns certificados de test de antíxenos que non podía emitir, queremos manifestar o seguinte:
1. Que ao igual que xa manifestamos en datas recentes pedindo que a Concelleira, xa dimitida do PP, dera explicacións polo miúdo do acontecido antes pronunciarnos sobre unha posible petición de dimisión; a nosa postura non mudou e imos agardar as oportunas e necesarias explicacións antes de valorar se pedimos ou non a dimisión do Sr. Mariño de Bricio.
2. Que non está no ánimo da nosa organización entrar en dinámicas que non conducen a resolver os problemas dos cidadáns, e observamos con pesar que desencontros de tipo personal (non políticos) enleen a política municipal e deriven en moitas ocasións en situacións que impiden os debates sosegados e con argumentos. Os desencontros deste tipo (non hai máis que repasar os plenos municipais para constatalo) dentro do espazo da dereita non nos ocupan na medida en que non son da nosa incumbencia. O que non aceptamos e que distorsionen a política municipal e sexan o centro de debates estériles.
3. O Concelleiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, solicitou dos seus compañeiros e compañeiras non ser neste asunto o portavoz da Organización dado que a postura que poidamos tomar pode ser interpretada como interesada por compartir co Sr. Mariño de Bricio a profesión de Boticario e ser polo tanto “competidores”. Compartimos co noso Concelleiro esta postura.
4.- Pedimoslle ao Sr. Mariño de Bricio que dea as explicacións que considere oportunas, para nós é imprescindible que o faga para poder ter unha postura argumentada sobre o que nós consideremos da súa actuación.